4 feb 2009

A Baña (escudo)


Decreto 196/1996, do 17 de maio DOG núm. 104 (28 de maio de 1996)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha árbore da súa cor, terrasado de sinople (verde) e acompañado de cinco lanzas, postas en pao, tres á destra e dúas á sinistra; bordura de gules (vermello) con quince crucetas de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
A especial vinculación da liñaxe dos Leis con estas terras, así como a montaña sobre a que se levantou a ermida dedicada a Santa Mariña, son motivos recordados nestas armas ó traer ó seu campo a árbore e as lanzas heráldicas que aqueles pintaban nas súas, dispostas sobre un montículo ou terrasa. Como complemento, as ondas, en alusión ós ríos que percorren a xeografía municipal (Albariña, Barcala, Tambre, etc.) e as crucetas, finalmente, en representación das quince parroquias que hoxe conforman o Municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario