4 feb 2009

Vimianzo (escudo)


Decreto 299/94, do 30 de setembro DOG núm. 199 (14 de outubro de 1994
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, un castelo de prata, acompañado no cantón destro do xefe dunha cabeza de lobo da súa cor, linguada e sangrante de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada
O importante castelo de Vimianzo, recentemente restaurado e que foi un dos máis importantes baluartes dos estados da Casa de Altamira, está xustamente simbolizado nas armas deste Concello. Como oportuno complemento, disponse –no cantón destro do xefe– unha cabeza de lobo que recorda a heráldica dos Moscoso, fundadores e titulares daquela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario