Decreto 325/1995, do 2 de decembro DOG núm. 241 (19 de decembro de 1995) Corrección de erros: DOG núm. 17 (24 de xaneiro de 1996)
De azur (azul), tres ondas de prata (branco) resaltadas de un báculo de ouro (amarelo), posto en pao e co seu pano ou veo abacial de prata, e acompañadas no cantón destro do xefe dunha cruz paté, ou ensanchada, de ouro; bordura de prata con sete aspas de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.
O báculo e pano abacial que se dispoñen como motivos centrais nas armas deste Concello aluden a San Pedro de Mezonzo, de quen se conservan os restos na igrexa románica que é único testemuño do vello convento de Santa María de Mezonzo, recordado aquí, pola súa parte, coa cruz paté, ou ensanchada, disposta no cantón destro do xefe. Completan a composición as ondas azuis e brancas, en alusión ó río Tambre e ós seus propios afluentes, que conceden unha nota destacada á orografía deste termo municipal, e as sete aspas vermellas dispostas na bordura, que representan as sete parroquias que o conforman.

No hay comentarios:
Publicar un comentario