4 feb 2009

Rianxo (escudo)


Decreto 335/1999, do 9 de decembro DOG núm. 250 (29 de decembro de 1999)
De azur (azul), o muro ameado de ouro (amarelo) e tres ondas de prata na punta. Mantelado: primeiro, de gules (vermello), a áncora de prata (branco); segundo de azur, o castelo de ouro. Ó timbre, a coroa real pechada.
Este escudo non é novo. Trátase, en realidade, dunha versión máis sinxela e máis axustada á tradición heráldica do antigo escudo, aprobado pola corporación no ano 1961 e recoñecido legalmente polo Decreto 860/1963, pero gravemente alterado por sucesivas representacións desafortunadas. Aquí, polo tanto, recóllense correctamente tódolos elementos orixinas —o muro ameado e as ondas coa áncora e o castelo nos manteis— que o tempo consagrou suficientemente, aínda que o sentido ou significado orixinal dalgún deles podería resultar hoxe un tanto discutible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario