4 feb 2009

Pontedeume (escudo)


Decreto 420/1996, do 21 de novembro DOG núm. 235 (2 de decembro de 1996)
De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha ponte de prata sumada, á destra, dun oso de ouro (amarelo), pasante e contornado, e, á sinistra, dun xabaril do mesmo, pasante, e surmontado no centro dunha torre de prata. Ó timbre, coroa real pechada.
Estas armas constitúen unha versión heraldicamente máis axustada e correcta das armas traídas por este concello desde polo menos a segunda metade do século XVII. Nas mesmas recóllense unha ponte surmontada de unha torre, como alusións á vella ponte que cruza o río Eume, orixe do topónimo municipal, e ó magnífico torreón chamado dos Andrade. Xunto a estas figuras, dispóñense as do oso e o xabaril –acaso verdadeiros berracos– que na mencionada ponte mandou coloca-lo famoso Fernán Pérez de Andrade o Boo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario