Decreto 132/1994, do 13 de maio DOG núm. 98 (24 de maio de 1994)
De prata (branco), os trece roeles de azur (azul); bordura de azur, con once torres de prata. Ó timbre, coroa real pechada.
A importancia histórica alcanzada pola liñaxe dos López de Lemos, que se remonta ós séculos da plenitude medieval, cando ocupaban un lugar preponderante nestas e outras terras lindantes, é motivo suficiente para traer ás armas deste municipio os trece roeles ou tortillos azuis que aqueles pintaban nos seus emblemas familiares. O estimable número de torres medievais, pazos e casas grandes na zona é recordado, finalmente, coas once torres de branco que se sitúan na bordura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario