5 feb 2009

Burela (escudo)


Decreto 229/1996, do 30 de maio DOG núm. 114 (11 de xuño de 1996) Corrección de erros: DOG núm. 152 (5 de agosto de 1996)
Ondeado de azur (azul) e prata (branco), cun faro de ouro (amarelo) surmontado dun torques do mesmo, brochantes. Ó timbre, coroa real pechada.
Tráense ás armas deste Concello o faro de prata, que alude ó facho de vixilancia permanente establecido no porto da vila desde 1641, e o torques celta de ouro, aparecida hai algúns anos no chamado Chao do Castro e conservada hoxe no Museo Provincial de Lugo. Ambas figuras dispóñense brochantes sobre un ondeado que expresa, complementariamente, a especial vinculación de Burela co mar e con tódalas actividades mariñeiras en xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario