5 feb 2009

Samos (escudo)


Decreto 288/2008, do 4 de decembro DOG núm. 6 (9 de xaneiro de 2009)
De sinople unha cruz pometeada de ouro cargada de catro rubís de goles e catro vieiras de prata nos cantos, sobre ondas de prata e azur; bordo cargado de catro aneis de azur e catro plumas de escribir. Ao timbre, coroa real pechada.
O campo de sinople representa o carácter rural do municipio e a súa riqueza forestal e paisaxística; a cruz prometeada lembra a real abadía mitrada de San Xulián de Samos, protagonista de excepción na historia de toda a comarca, que estaba biaxo a súa xurisdicción; as ondas simbolizan o río Sarria ou Samos; os aneis lembran a riqueza castrexa do val; e as plumas aluden os ilustres intelectuais que ou ben naceron no termo municipal ou estiveron vonculados ao mosteiro e, polo tanto, á terra de Samos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario