Decreto 182/1996, do 9 de maio DOG núm. 100 (22 de maio de 1996)
De ouro (amarelo), e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), unha árbore da súa cor, acompañada de dúas fouces, tamén da súa cor; bordura de sinople (verde) con oito estrelas de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
A alusión ó río Torto, que dá nome ó termo municipal, combínase nas armas deste concello con respectivas alusións á importancia que aquí acadaron tanto a industria madeireira –serradoiros e transformación– coma a propia artesanía tradicional, en particular os ferreiros (Ferreiravella) especializados na fabricación de fouces. Como complemento oportuno, dispóñense en bordura oito estrelas que recordan as parroquias que hoxe configuran o Municipio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario