5 feb 2009

Monforte de Lemos (escudo)


Decreto 166/2002, do 25 de abril DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)
De prata (branco) un monte de ouro (amarelo), sumado dunha torre do mesmo, acompañado no centro do xefe dunha tau de gules (vermello) e de seis roeis de azur (azul) nos flancos. Ó timbre, a coroa real pechada.
Este escudo, que substitúe o usado ó longo dos últimos anos, por ser historicamente inoportuno, incorpora ó campo dúas alusións concretas e suficientemente representativas da realidade física e do pasado histórico de Monforte e da terra de Lemos. En primeiro termo, o monte sumado dunha torre, como recordo do grande enclave monfortino, que dá nome e domina a municipalidade; aquí levantouse primeiro o mosteiro de San Vicente do Pino e despois a gran fortaleza dos que se titularon sucesivamente tenentes, señores e condes desta terra. Inclúense, como complemento, os seis roeis de azur que portaron os da liñaxe dos Castro, titulares daquela nos séculos XIII e XIV e que o seu excepcional carisma apoiou despois a traxectoria histórica dos seus sucesores na terra e condado de Lemos, incluso aínda nos séculos modernos. Con carácter igualmente complementario aceptouse, por se-lo sentir da Corporación, o mantemento da tau antoniana, que é símbolo de certa aceptación en Monforte, e que figura como tal no anterior emblema municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario