4 feb 2009

A Capela (escudo)


Decreto 334/1998, do 12 de novembro DOG núm. 231 (27 de novembro de 1998)
De gules (vermello) un báculo de prata (branco) rodeado dun cinto de ouro (amarelo); xefe de sinople (verde), con tres estrelas de ouro. Ó timbre, a coroa real pechada
Os dous motivos fundamentais que se traen ó campo deste escudo, o báculo e o seu cinto, son símbolos que aluden ó vello mosteiro de Caaveiro, do que aínda subsisten os seus restos. Con esta elección recoñécese a excepcional importancia histórica daquel gran cenobio benedictino, despois reconvertido en casa de Canónigos Regulares de San Agustín, con carácter de real colexiata, manténdose así ata finais do XVIII. Como oportunísimo complemento, disponse un xefe con tres estrelas, que son representación das tres parroquias que conforman o actual termo municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario