Decreto 54/1997, do 20 de febreiro DOG núm. 54 (19 de marzo de 1997)
De sinople (verde), unha banda de ouro (amarelo), cargada de tres crucetas paté, ou ensanchadas, de gules (vermello) e acompañada de seis aneis de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.
Tráense a estas armas como motivo fundamental a banda heráldica da gran Casa de Andrade, en testemuño da súa estreita vinculación histórica coas terras que hoxe conforman este Municipio. Como necesarios complementos dispóñense tres crucetas paté, ou ensanchadas, que recordan as igrexas de Grandal, Torres e Santa María de Doroña, as tres de certa notabilidade histórica e artística, e seis aneis en alusión ós importantes testemuños da cultura castrexa que se conservan dentro do termo municipal: As Croas (Doroña), o Tesouro de Vilarmaior e O Castro (San Xurxo de Torres).

No hay comentarios:
Publicar un comentario