5 feb 2009

A Fonsagrada (escudo)


Decreto 55/2005, do 18 de marzo,D.O.G. núm. 62 (1 de xaneiro de 2005)
De sinople (verde) unha torre de ouro (amarelo), flanqueada de dúas cabezas de lobo de ouro, linguadas de gules (vermello) e acompañada, no xefe, dunha vieira de prata (branco) e, na punta, de dúas ondas do mesmo. Ao timbre, coroa real pechada.
En primeiro termo, desxa perpetuar a particular significación da vella fortaleza de A Pobra de Burón, de gran importancia no devenir histórico das terras que conforman o seu actual termo municipal, recordando ao tempo a presencia histórica da gran Casa de Altamira, que as señoreou ao longo de varios séculos. De ahí que propoña incluir unha torre de plata e as cabezas de lobo, que foi a sinal ben recoñecida dos Moscoso de Altamira. Como complementos oportunos, desexa incorporar tamén unha venera de prata, que é símbolo convencionalmente aceptado para aludir as rutas xacobeas, posto que o chamado Camiño Norte transcorre xustamente por aquí, e as ondas tamén de prata, que serven finalmente para aludir ao propio topónimo da municipalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario